30 mar 2011

V Camiñata: 2 de abril de 2011



Unha das actividades que periódicamente organiza a Federación de AVV de Lugo dentro do proxecto de dinamización de Áreas Verdes de Lugo é unha camiñata popular no contorno natural da cidade.


Nesta ocasión, a camiñata será este vindeiro sábado 2 de abril, e partirá fronte ao restaurante "Casa María" situado nas proximidades do paseo do Rato ás 11,45 horas. Dende alí, camiñaremos ao longo do paseo do Miño ata a nova ponte sobre o Miño (hai unha distancia de algo máis de dous quilómetros e medio) e dende alí dirixirémonos ata a zona de parque próxima á antiga Fábrica da Luz (case quilómetro e medio).



A camiñata é de caracter non competitivo, e pódea realizar calquera persoa de calquera idade que esté en condicións físicas de camiñar 4 quilómetros. Está previsto entrgar unha bufanda térmica aos asistentes.

Colaboran: SUPLUSA; Deputación Provincila de Lugo; Federación de AAVV de Lugo; Concello de Lugo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario