Ola a tod@s!
Seguimos a falarvos da difusión da vosa actividade nos hortos nos medios de comunicación. Neste ocasión foron os reporteiros do programa "Actualizad@s" da TVG os que se achegaron ata o Rato. A reportaxe emitiuse no programa do pasado sábado día 23 de outubro, pero para aqueles que non o vistes, podedes recuperalo dende o seguinte enlace:
Reportaxe en "Actualizad@s"
Un saúdo e ata a próxima!
Damos a coñecer o día a día dos hortos urbanos e outras actividades que a Federación de AAVV de Lugo, baixo o patrocinio de Suplusa e a Deputación Provincial de Lugo, leva a cabo dentro do proxecto de dinamización das áreas verdes de Lugo

25 oct 2010
6 oct 2010
Reportaxe en "3D" de Antena 3
Fai xa preto de un mes que os reporteiros de "3D", un programa de Antena 3 TV, se achegaron aos hortos urbanos do rato. A reportaxe que gravaron foi emitida o pasado 29 de setembro, e aqueles que non o vistes podedes gozar del pulsando no enlace que tedes máis abaixo.
Tede en conta que a parte do reportaxe adicada aos hortos comenza pasados 2 minutos e 30 segundos de video, despois dunha interesante recomendación gastronómica: o queixo de tetilla.
Video da reportaxe
Esperamos, como ben di a reporteira, levarvos a todos ao horto.
Apertas a todos!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)